Thursday 02 de May de 2024

Este mércores remata o prazo para adquirir as entradas para a xuntaza dos maiores de Ordes


Celebrarase o vindeiro domingo, 7 de maio, e inclúe unha misa solemne, xantar popular e baile. O acto terá lugar no Campo da Feira

Este vindeiro mércores, 3 de maio, remata o prazo para adquirir as entradas para a xuntanza de maiores organizada polo Concello de Ordes, a cal se celebrará o próximo domingo, 7 de maio. O custo é de 5 € por persoa e pódense adquirir, previa presentación do DNI, nas oficinas xerais municipais, situadas na planta baixa do mesmo Concello.
O programa da xuntanza arrancará cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida do xantar tradicional a partir das 14.30 horas e de baile. Todo isto terá lugar na carpa instalada no Campo da Feira.